Cargando eventos

« Todos os eventos

Mil primaveras máis

24 - Abril

24aO 24 de abril de 1980,   Álvaro Cunqueiro pronuncia en Vigo o soado discurso en que desexa mil primaveras máis para a lingua galega. Nunha homenaxe que se lle rendeu en Vigo Álvaro Cunqueiro facía unha apoloxía da lingua  e pronunciaba estas palabras “eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo (…) Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.

Detalles

Data:
24 - Abril