Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Micaela Chao Maciñeira

27 - Novembro

27 n27 de novembro de 1928 morre Micaela Chao Maciñeira. Micaela Chao, natural de Viveiro, foi a única muller presente na xuntanza que deu orixe ás Irmandades da Fala e a primeira muller que fixo efectiva a súa afiliación. Formaría parte en 1917 da delegación das Irmandades a Cataluña e sería a principal impulsora da constitución dunha Sección Feminina no seo da Irmandade da Fala da Coruña. Esta Sección constituiríase en agosto de 1918 e contaría con máis de 200 asociadas, sendo Micaela Chao inicialmente a súa Conselleira Primeira. Colaboradora das actividades do Conservatorio Nazonal do Arte Galego como actriz e tocaba o piano nos entreactos das sesións teatrais. Foi a compañeira de Antón Vilar Ponte.

Detalles

Data:
27 - Novembro