Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Mercedes Vieito Bouza

3 - Xaneiro

Mercedes VieitoO 3 de xaneiro de 1960 fina en Cuba Mercedes Vieito Bouza. Filla de emigrantes galegos, nace na Habana en 1887 e desde Cuba dedicou a súa vida á defensa da identidade cultural galega. Estuda para ser mestra e desde moi nova comeza a publicar en revistas e xornais, xa en 1903 atopamos os seus textos na revista Galicia, nunha sección titulada “Rápidas”, onde escribe baixo o pseudónimo de Zoraida. Será nas revistas Galicia e Eco de Galicia onde, entre 1910 e 1930, acade o seu maior recoñecemento como xornalista. De Eco de Galicia será directora desde 1934 ata 1936, data do seu peche. Impulsou a creación de escolas e bibliotecas en diferentes lugares de Galiza a través de diferentes sociedades e apoiou con moito entusiasmo o movemento agrarista das primeiras décadas do século XX, con posicións moi contundentes contra o caciquismo. 

Details

Date:
3 - Xaneiro