Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Mercedes Ruibal Argibay

12 - Abril

Mercedes RuibalO 12 de abril de 2003 morre en Madrid Mercedes Ruibal Argibay, pintora e escritora. Con apenas vinte anos, emigra a Bos Aires, onde reside seu irmán, José Ruibal, que a introduce no ambiente intelectual e artístico da cidade arxentina. Comezaría a pintar baixo a guía de Laxeiro, a obra do cal influiría de xeito moi importante na pintura de Mercedes.

Durante a súa estancia en Bos Aires realiza a súa primeira exposición (1956). No ano seguinte retorna a Galiza, e expón en Vigo, vive logo algún tempo en Madrid para continuar aprendendo e pintando, fascinada polo ambiente que entón se respiraba no Madrid da posguerra. Logo do seu casamento vivirá entre Vigo, Madrid e Roma. Xunto á faceta pictórica hai que destacar a faceta literaria de Mercedes coa publicación de: Confesiones de una volantinera con bragas de repuesto al dorso (1978) e o poemario Y mi voz es tu nombre (1986).

Realizou importantes exposicións en Madrid e Galiza, ao igual que en Florencia e Roma. A maior delas foi a gran retrospectiva que lle dedica o Concello de Vigo na Casa das Artes en 1993.

Details

Date:
12 - Abril