Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Mauricio Farto Parra

21 - Setembro

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 21 of Setembro, repeating indefinitely

21sO 21 de setembro de 1867 nace en Valladolid Mauricio Farto Parra, un dos principais animadores da recuperación e dignificación da tradición musical galega nos primeiros decenios do século XX. Á súa chegada á Coruña axiña toma contacto coa intelectualidade galeguista do momento. A primeira formación que creou foi Blanco y Negro. Foi director de El Eco e, posteriormente, funda Cántigas da Terra, o coro máis vinculado ás Irmandades. Nesta mesma época estrea a muiñeira O Quer que lle quer durante o descubrimento dunha placa conmemorativa na casa natal de Curros en Celanova. En 1924, despois de deixar Cántigas, funda Saudade, coro que ten como obxectivo interpretar a música do seu director, o gran desexo de Farto. Foi un gran recompilador de folclore musical. Co seu traballo de afinador de pianos, Farto adicou boa parte da súa vida a percorrer aldeas e romarías recollendo cantos de arrieiro, alalás, maneos, pandeiradas… Foi Académico correspondente da Real Academia e numerario da Academia de Belas Artes.

Detalles

Data:
21 - Setembro