Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Maruxa Villanueva

6 - Maio

6 mO 6 de maio de 1906 nace en Carballedo (Lugo) María Isaura Vázquez Blanco, que como actriz será coñecida polo nome de Maruxa Villanueva. Emigrante en Arxentina desde os 20 anos, onde se converte nunha cantante e actriz de éxito, foi ademais unha peza clave da cultura galega colaborando cos galeguistas exiliados. En 1962 retorna definitivamente a Galiza. Pouco despois entra en contacto co Padroado Rosalía de Castro e colabora na obtención de fondos para restaurar a casa da Matanza e facer o museo. En 1971  propónselle  atender a Casa Museo. Instalada definitivamente en Padrón dedicou todo o seu tempo á casa e á obra de Rosalía converténdose nunha auténtica especialista no tema.

Detalles

Data:
6 - Maio