Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Maruja Pino Piñeiro

14 - Xuño

Maruja PinoO día 14 de xuño de 1918 nace en Ponteareas a escritora Maruja Pino Piñeiro. Tras cursar materias relacionadas co Maxisterio, dedícase á docencia durante varios anos, actividade que abandona por problemas familiares. Represaliada polas súas ideas tras a Guerra Civil, a Maruja interesáballe a poesía, a investigación e a historia. Sobre estes temas publicou en revistas e libros. Convidada a diversos Xogos Florais, colaborou na radio e tv locais así como en La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Peneira. Desde moi nova realizou labores humanitarios en Cáritas e na Asociación Española contra o Cancro. Fina en Madrid en 2010.

Detalles

Data:
14 - Xuño