Default title

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Martínez Salazar

8 - Febreiro

|Recurring Event (See all)

8 febO 8 de febreiro de 1846 nace en Astorga Andrés Martínez Salazar, arquiveiro e editor. En 1872 chega A Coruña para dirixir o Arquivo Histórico de Galiza. Nesta cidade entrou en contacto co mundo cultural galego e publica varios traballos sobre temas históricos e filolóxicos. O seu labor editorial foi fundamental para o desenvolvemento da literatura galega do Rexurdimento. Pasaron pola súa imprenta Proezas de Galicia de Xosé Fernández de Neira, Los Precursores de Manuel Murguía, El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, Aires da Miña Terra de Curros Enríquez ou Queixumes dos Pinos de Pondal. Foi director da revista Galicia e, á morte de Manuel Murguía, foi nomeado presidente da Academia Galega.

Details

Date:
8 - Febreiro