Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Mario Granell

11 - Outubro

11oO 11 de outubro de 1914 nace na Coruña o pintor Mario Granell. Aos 14 anos fai as súas dúas primeiras exposicións e empeza a recibir premios. No ano 1931, instalado coa súa coa súa familia en Madrid, ademais da súa dedicación á pintura inicia a súa actividade política participando nas loitas a prol da República. O inicio da guerra colle a Mario Granell na Coruña. É buscado e perseguido até que unha madrugada de febreiro de 1937, na praia de Bens, é capturado ao ser frustrada unha viaxe que el e un numeroso grupo de republicanos trataban de realizar a Francia. Máis tarde, a este grupo recordaráselle como Os da lancha do monte de San Pedro. É torturado pola Garda Civil, xulgado por un Consello de Guerra e condenado a morte que logo lle sería conmutada pola de 30 anos de prisión. Foi posto en liberdade en outubro de 1943. Durante anos expón, con salientable éxito, nas máis importantes cidades de Galiza e en España. En abril de 1957 emigra a Venezuela onde continúa facendo exposicións. Nos anos setenta expón, con marcado éxito, en Vigo, Pontevedra, Lisboa, Madrid, Bos Aires, Bogotá, Caracas e Venezuela. Os éxitos das súas exposicións acompañarano durante toda a súa vida. Regresará definitivamente á súa terra en abril de 1981.

Detalles

Data:
11 - Outubro