Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

María Pita

5 - Maio

María PitaMaría Pita defende A Coruña dos ataques dos ingleses capitaneados por Francis Drake. Durante o asalto á cidade vella, os ingleses –que chegaran á Coruña o 3 de maio de 1589– matan o marido de María Pita. Parece ser que esta arrebata a lanza da bandeira inglesa e con ela mata o alférez inglés –irmán de Drake– que dirixía o asalto. A tropa inglesa –arredor de 12000 efectivos– retirouse desmoralizada. Segundo a tradición, o acto de María Pita foi levado a cabo ao berro de: “quen teña honra, que me siga”.

María Mayor Fernández de Cámara y Pita –María Pita– nacera en Sigrás (Cambre) arredor de 1560, falecendo no mesmo lugar en 1643. Traballou no negocio familiar –unha tenda– na rúa Peixería da Coruña.

A heroína coruñesa tivo unha vida chea de avatares. Mostras destas vicisitudes son os vinte preitos diferentes –apropiacións de bens, insultos, débedas, agresións– que se conservan no Arquivo do Reino de Galicia.

Details

Date:
5 - Maio