Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

María Mariño Carou

8 - Xuño

María MariñoO día 8 de xuño de 1907 nace en Noia a escritora María Mariño Carou. Encadrada na Xeración de 1936, a pesar de que a súa obra é escasa, é unha das escritoras relevantes do século XX. Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e apartada. Por recomendación médica, trasládase a vivir ao Courel. Alí coñece a Uxío Novoneyra que promoveu a publicación dos seus versos. Ademais dalgún texto narrativo en castelán, María Mariño é autora de Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Falecida en 1967, a Real Academia Galega dedicoulle as Letras Galegas de 2007.

Details

Date:
8 - Xuño