Cargando eventos

« Todos eventos

María Casares

22 - Novembro

22 nO 22 de novembro 1996 morre en Alloue (Francia) a actriz María Casares.
Filla de Santiago Casares Quiroga criouse entre a rúa Panadeiras da Coruña e o Pazo de Montrove. Co golpe de Estado, contando con só catorce anos, ten que exiliarse coa familia en Francia. Alí inicia a súa traxectoria no teatro e aparece o éxito. No ano 1942 debuta no Teatro Mathurins como primeira actriz. É nese momento cando coñece a Albert Camus co que mantería unha longa relación. Musa de destacados escritores e cineastas representará obras de Camus, Anouilh, Cocteau, Genet, Ibsen, Turgueniev, René Laporte, Pirandelo, Shakespeare… Viaxará por máis de vinte países co Théâtre Nacional Populaire. Nunha desta viaxes reencóntrase no exilio bonaerense con xente como Blanco Amor, Dieste, Seoane, Laxeiro e o actor Tacholas, e con eles actuará nun recital galego. A María Casares o acento galego acompañaríaa sempre, un acento que ela consideraba un tesouro, e deixaría dito: Galicia soy yo. Galicia no soy yo. Pero soy un trozo de Galicia.Y moriré siendo gallega. Pouco antes de morrer aos 66 anos María Casares acepta dar o seu nome para os Premios de Teatro da Asociación de Actores e Actrices de Galiza.

Detalles

Data:
22 - Novembro