Loading Events

« All Events

María Barbeito

20 - Novembro

20nO 20 de novembro de 1970 morre na Coruña a pedagoga, socióloga, educadora, escritora e tradutora María Barbeito. Con destino na Escola Nacional da Guarda, centro que vai dirixir entre 1915 e 1936, puxo en marcha unha novidosa pedagoxía educativa que a converte en referencia. Igual pasará nas súas obras de benificiencia, obras en que introduciría un concepto sociolóxico. Colabora asiduamente en xornais e revistas de contido pedagóxico e social. Cunha especial preocupación polos temas relativos á muller dá conferencias e publica textos sobre o tema, entre os que cómpre destacar La Mujer, antes, ahora y después, unha conferencia impresa en 1934 e pronunciada na Agrupación Republicana Femenina da Coruña. Acusada de diversos cargos, como o de ser de ideas políticas de avanzado esquerdismo republicano, a Comisión Depuradora do Maxisterio resolveu en novembro de 1937 a súa separación definitiva do servizo e de todos os seus cargos. Unha vez apartada da función docente vai centrar gran parte da súa actividade na tradución de obras francesas.

Details

Date:
20 - Novembro