Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

María Araujo Martínez

28 - Outubro

O 28 de outubro de 1904 nace en Carril (Vilagarcía) a sindicalista, guerrilleira antifranquista e militante comunista María Araujo Martínez, tamén coñecida como María a Guerrilleira. Con dous anos acompaña na emigración á Habana aos seus pais. Alí militaría no Partido Socialista Popular. Retorna en 1932 con dous fillos pequenos. En Vigo traballa nunha fábrica de conservas de anchoa e chega a dirixir o sindicato que agrupaba a vinte e cinco mil traballadoras conserveiras. Destaca a súa loita pola igualdade do salario feminino. Co golpe de estado de 1936 participa na guerrilla antifranquista. Pasando tempo na clandestinidade e refuxiada nos montes, xunto co seu home, finalmente foi detida e pasa anos no cárcere. Unha vez liberada regresa á Habana onde participa en campañas de apoio aos guerrilleiros antifranquistas. Colaborou na loita contra Batista e a partir do triunfo revolucionario de 1959 incorporouse ás actividades en defensa da Revolución. Fidel Castro imporalle a medalla da Orde Ana Betancourt. Foi condecorada tamén coa medalla de honra da Federación de Mulleres Cubanas.

Detalles

Data:
28 - Outubro