Cargando eventos

« Todos os eventos

Margarida a da sorrisa d’aurora

24 - Decembro

Margarida a da sorrisa d'auroraO 24 de decembro de 1927 sae do prelo da editorial Nós Margarida a da sorrisa d’aurora, o primeiro conto infantil galego de autor. Xa en 1921 o propio autor Evaristo Correa Calderón e o voceiro nacionalista A Nosa Terra anunciaran a inminente saída do contiño co título A Princesa do Sorriso d’Ouro, sen indicación de editorial. A Irmandade da Fala da Coruña dentro da súa actividade educativa comezara as xestións para a publicación en Lar dunha colección de relatos infantís que se chamaría Contos de nenos. Entre eses contos estaba prevista a publicación do relato de Correa Calderón, que finalmente sacaría Nós. Os gravados que ilustran o conto Margarida a da sorrisa d’aurora faríaos Xaime Prada Losada.

Detalles

Data:
24 - Decembro