Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Marcial Valladares Núñez

10 - Xuño

Marcial ValladaresO día 10 de xuño de 1821 nace en Vilancosta (A Estrada) o xornalista, escritor e lexicógrafo Marcial Valladares Núñez. Cursou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tras dedicarse ao xornalismo e á política, en 1866 retirouse ao seu lugar natal para dedicarse ás letras. Autor dun Diccionario gallego–castellano (1884). En 1892 remata Elementos de gramática gallega (publicada en 1970). Considerado o primeiro autor dunha novela en lingua galega, Maxina ou a filla espúrea (1880), en pleno Rexurdimento. A novela foi publicada en La Ilustración Gallega y Asturiana a partir do 28 de xullo de 1880. Marcial Valladares morre en 1903 e a Real Academia Galega dedicoulle as Letras Galegas de 1970.

Detalles

Data:
10 - Xuño