Loading Events

« All Events

Marcial del Adalid

24 - Agosto

24aO 24 de agosto de 1826 nace Marcial del  Adalid, recoñecido compositor e pianista e o primeiro compositor galego importante de música profana culta. Como pianista compuxo un elevado número de pezas para este instrumento, elexías, nocturnos, baladas, impromptus… aínda que o que máis destaca na súa produción é a súa obra para voz e piano.  É autor da ópera Inés e Bianca a primeiram ópera de toda a historia operística galega. Foi o iniciador dun novo xénero: a melodía galega. Dentro deste xénero de melodía galega Marcial de Adalid introduciu nas súas obras os primeiros pasos do nacionalismo ao empregar as melodías populares. É autor dunha colección de vintecinco pezas  baixo o nome de Cantares viejos y nuevos de Galicia,  a primeira recompilación musical galega de signo marcadamente nacionalistala. A súa ampla biblioteca musical, así como a ópera Inés e Bianca e outros orixinais seus foron doados á Real Academia Galega. A  Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes  leva o seu nome.

Details

Date:
24 - Agosto