Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Marcelo Macías

1 - Xullo

Marcelo MacíasO día 1 de xullo nace en Astorga o sacerdote, profesor, doutor en Filosofía e Letras, arqueólogo e numismático Marcelo Macías García. Referente da numismática da época tiña unha gran colección de moedas, as súas achegas fundamentais están no campo da historia e da arqueoloxía. Impulsor da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense ao editar o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense. Contaba coas colaboracións de Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso e Nicolás Tenorio. A estes fóronse unindo entre outros Otero, Risco, Bouza, XocasCuevilla. Membro da Real Academia Galega desde 1905, falece en Ourense en 1941. 

Details

Date:
1 - Xullo