Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Manuel Vázquez Seijas

15 - Xaneiro

Manuel Vázquez SeijasO 15 de xaneiro de 1884 nace en Lugo Manuel Vázquez Seijas, historiador e escritor. Vive un tempo na Coruña e fai parte da Cova Céltica, faladoiro galeguista na librería de Uxío Carré Aldao. Vázquez Seijas foi –xunto con Luís López Martí– un dos fundadores do Museo Provincial de Lugo e máis tarde director do mesmo. Foi membro da Real Academia Galega. A súa obra principal é Fortalezas de Lugo y su provincia (1955–1973), consta de seis tomos con aportacións históricas, arqueolóxicas e xenealóxicas das murallas, castelos, torres e casas–torres, algunhas xa desaparecidas, da provincia de Lugo. 

Details

Date:
15 - Xaneiro