Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Manuel Quiroga Losada

15 - Abril

15 aO 15 de abril de 1892  nace en Pontevedra Manuel Quiroga Losada, violinista, compositor e debuxante. Manuel Quiroga  é posiblemente o músico galego que acadou, no seu momento,  maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo.  Con 16 anos acada o número 1 nas probas de acceso ó Conservatorio de París entre centos de aspirantes, e  en 1911,  con tan só 19 anos, presentouse e gañou o primeiro premio do Conservatorio de París, competindo con outros 43 aspirantes, e converténdose no músico máis novo en conseguilo. O movemento nacionalista galego, nomeadamente as Irmandades da Fala, sempre consideraron a Manuel Quiroga como unha icona de Galiza e a súa cultura.

Detalles

Data:
15 - Abril