Loading Events

« All Events

Manuel Pardo de Andrade

21 - Novembro

21 nO 21 de novembro de 1760 nace no pazo de Xaz en Oleiros (A Coruña) Manuel Pardo de Andrade. Considerado un dos pais do xornalismo galego, foi escritor e un comprometido activista da causa liberal, motivo polo que tivo que exiliarse no estranxeiro. Como xornalista foi o fundador do primeiro xornal coruñés, Diario de la Coruña, do Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña e do Boletín Patriótico. Durante o Trienio Liberal traballou como redactor para o Correo de la Diputación Provincial de Galicia até o seu exilio definitivo. A súa obra Rogos de un gallego publicouse por primeira en 1813 baixo o título de Os rogos d’un gallego establecido en Londres, dedicados os seus paysanos para abrirlles os ollos sobre certas iñorancias. Foi unha das primeiras obras impresas en galego do século XIX. Escrito ao xeito dos cantares de cego tivo unha extraordinaria difusión, contando con cinco edicións no primeiro ano e chegando a acadar unha cifra dez mil exemplares vendidos. Na súa edición de 1841 levaría o titulo de Os Rogos de un escolar gallego á virxe do bo acerto para que libre a terra da Inquisición.

Details

Date:
21 - Novembro