Default title

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Manuel Murguía

1 - Febreiro

|Recurring Event (See all)

1febO 1 de febreiro de 1923 morre Manuel Murguía. Manuel Antonio Martínez Murguía, nado en Arteixo, o 17 de maio de 1833 e finado na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña, foi un historiador que impulsou o Rexurdimento. Casa con Rosalía de Castro o 10 de outubro de 1858. O seu labor fundamental foi a investigación histórica e a divulgación desta, así como a de difundir o ideario político de defensa de Galiza. En 1862 Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos e en 1865 editou o primeiro tomo da súa Historia de Galicia. En 1986 publicou Los precursores. Foi presidente da Asociación Rexionalista Galega.

Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que traslada a outros escritores da Cova Céltica e aos galeguistas de Cuba. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría até a súa morte.

Details

Date:
1 - Febreiro