Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Manuel María

6 - Outubro

6oO 6 de outubro de 1929 nace en Outeiro de Rei Manuel María, poeta, articulista e autor de textos dramáticos e narrativos. Aos 19 anos publica o seu primeiro libro Muiñeiro de brétemas. Instalado en Monforte como Procurador dos Tribunais, nos difíciles anos sesenta e setenta Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, en todo o país, andan a traballar pola recuperación cultural: conferencias, recitados, presentacións… Segue a cultivar poesía, á que se lle suma a escrita de ensaio, narrativa e teatro. Na súa obra estará sempre presente un forte compromiso coa súa xente, coa súa lingua e coa realidade social de Galiza. A editorial Xistral, fundada por el, publicou entre 1968 e 1975 a colección de libros de poesía Val de Lemos, en que se editan obras de autores consagrados e dá a coñecer escritores novos que publicarán aí os seus primeiros libros. A súa xenerosa entrega ao país e á defensa da lingua foi recoñecida en 1995 na homenaxe que lle organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) na Coruña. Foi membro da Real Academia e Socio de Honra da AELG. A Real Academia noméao como autor do Día das Letras 2016.

Detalles

Data:
6 - Outubro