Cargando eventos

« Todos os eventos

Manuel Lugrís Freire

15 - Febreiro

15 feb ( RAG)O 15 de febreiro de 1940 morre Manuel Lugrís Freire escritor e xornalista comprometido e dedicado á dignificación de Galiza. Foi membro fundador da Real Academia Galega e un dos seus presidentes. En 1883 emigrou a Cuba e alí fundou a primeira publicación periódica literaria escrita integramente en galego “A gaita gallega”. De volta a Galiza colaborou na “Revista Gallega” e formou parte da Cova Céltica de onde sae a idea da formación dunha organización política que representase a ideoloxía rexionalista liberal que profesaban os seus integrantes. Así naceu, en 1897, a “Liga Gallega”. En 1889, o poeta pronunciou un discurso en galego na homenaxe que a Liga Gallega organiza aos Mártires de Carral.

Manuel Lugrís foi o pai do pintor Urbano Lugrís.

Detalles

Data:
15 - Febreiro