Cargando eventos

« Todos eventos

Manuel Leiras Pulpeiro

25 - Outubro

25oO 25 de outubro de 1854 nace en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. De sólida coherencia ideolóxica, o seu ideal republicano e progresista, contrario a todo convencionalismo social, levouno a casar civilmente en 1888, co conseguinte escándalo público. Formou parte activa do Partido Republicano Federal e en 1887 participa na Xuntanza Federalista de Lugo, xuntanza en que se aproba o Proyecto de Constitución para el Futuro Estado Gallego. Publica os seus primeiros poemas en O Tío Marcos da Portela e logo na revista Galicia e Galicia humorística. O seu único libro publicado en vida foi Cantares gallegos. En 1930 a editorial Nós publicará as súas Obras completas. Tomo I (Poesías) cun prólogo de Otero Pedrayo.

Detalles

Data:
25 - Outubro