Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Manuel González Iglesias

11 - Xullo

O día 11 de xullo de 1926 fina en Bos Aires o escritor e xornalista Manuel González Iglesias o xastre de Lalín. Emigrara moi novo e foi un dos fundadores da Sociedade Hijos de Lalín. Escribiu dúas obras de teatro nas que ridiculiza o caciquismo. Dirixiu, en 1918, La Voz del Centro editado polo Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda en Bos Aires. Pertenceu á directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (1921), ademais de colaborar no seu periódico El Despertar Gallego. 

Detalles

Data:
11 - Xullo