Manuel Curros Enríquez
7 - Marzo
O 7 de marzo de 1908 morre na Habana Manuel Curros Enríquez. Curros é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o grande referente do “Rexurdimento”. A súa obra Aires da miña terra identifícao como un grande poeta civil.
Mantivo malas relacións coa igrexa católica, que se fixeron evidentes coa publicación en 1880 de Aires d’a miña terra, en que se inclúen poemas de corte anticlerical, como os poemas “A igrexa fría” ou “Mirando ao chau”. Estas relacións coas autoridades eclesiásticas levárono a marchar a Madrid en 1883. Alí exerceu o xornalismo e escribe O divino sainete (1888), obra satírica con novas críticas á xerarquía eclesiástica. Emigrado a Cuba en 1904 viaxou á Coruña onde, xunto con Manuel Murguía, ideou a “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega”, que será un dos piares da futura Real Academia Galega. Nesta estadía na Coruña é coroado como grande poeta civil de Galiza. Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro da Coruña,