Loading Events

« All Events

Manuel Colmeiro

7 - Agosto

7aO 7 de agosto de 1901 nace en Silleda o pintor Manuel Colmeiro. Pertence Comeiro, con Luís Seoane, Laxeiro, Arturo Souto e Carlos Maside, á xeración chamada na historia artística galega Os novos. Nacidos a principios de século e considerados continuadores da Xeración Nós, os motivos temáticos veñen marcados por unha galeguidade  filtrada pola estética das vangardas. Colmeiro foi o precursor da arte abstracta en Galiza e un dos primeiros en España. A súa visión artística está encadrada en tres ámbitos histórico-sociais: o período republicano, a Guerra Civil e o exilio, que sufrirá como consecuencia da vitoria fascista, primeiro na Arxentina e máis tarde en París. A  súa intensa preocupación social é a que fai que vexa a necesidade de crear unha arte que combine renovación con compromiso. Nos 60 chegou o gran recoñecemento da súa obra.

Details

Date:
7 - Agosto