Cargando eventos

« Todos os eventos

Manuel Chamoso Lamas

16 - Maio

Manuel Chamoso LamasO día 16 de maio de 1909 nace na Habana o arqueólogo e escritor Manuel Chamoso Lamas. Con catro anos xa reside en Moldes (Boborás), preto da casa de Losada Diéguez, que lle deu clase. Cursou o bacharelato en Pontevedra, onde recibiu clase de debuxo de Castelao. Igualmente, cursou as carreiras de Filosofía e Letras e Dereito en Santiago de Compostela e Madrid. Chamoso Lamas realizou numerosas escavacións arqueolóxicas, entre elas: Barbantes, Castro de San Cibrao de Las, Iria Flavia e subsolo da Catedral de Santiago de Compostela. Publicou numerosos traballos sobre a arte de Galicia. Fundou e dirixiu o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela desde 1967. Foi membro de varias institucións, entre elas, da Real Academia Galega de Belas Artes, da que foi presidente. Tamén pertenceu á Real Academia Galega.

Detalles

Data:
16 - Maio