Cargando eventos

« Todos eventos

Manuel Castro López

25 - Xuño

O 25 de xuño de 1926 morre xornalista e escritor Manuel Castro López. Formou parte da redacción da revista La Juventud Galaica,  fundou o semanario El Ciudadano  e a Asociación de Escritores e Artistas. Emigrado en Bos Aires colabora e dirixe El Eco de Galicia e funda o Almanaque Gallego. O 15 de xullo de 1897 (duodécimo cabodano da morte de Rosalía) pronuncia un discurso co título Literatas Gallegas. Foi nomeado socio de mérito da Liga Gallega polo seu labor a prol da causa galeguista. Militou no Partido Republicano Democrático Federal de Pi i Margall e actuou como secretario na súa Asemblea de Lugo. É autor de poesía en galego.

Detalles

Data:
25 - Xuño