Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Manuel Castro López

22 - Xullo

O día 22 de xullo de 1860 nace en Lugo o xornalista e escritor Manuel Castro López. Traballou nos Xulgados de Lugo e militou no Partido Republicano Democrático Federal de Pi i Margall. Funda e colabora en revistas e semanarios ata que en 1892 emigrou a Bos Aires. Alí colaborou e dirixiu El Eco de Galicia e fundou en 1898 Almanaque Gallego. Tamén publicou algúns poemas en galego. Foi nomeado socio de mérito da Liga Gallega (1899) polo seu traballo en favor da causa galeguista. Falece en Bos Aires en 1926. 

Detalles

Data:
22 - Xullo