Cargando eventos

« Todos os eventos

Manuel Carlos Vidal Rodríguez

3 - Maio

Manuel Vidal RodríguezO día 3 de maio de 1941 falece en Compostela Manuel Carlos Vidal Rodríguez –nacera en Maceda en 1871–, sacerdote, docente, escritor e investigador.

De familia acomodada, pertence ao grupo de sacerdotes galegos destacados nos medios eclesiásticos madrileños a comezos do s. XX, xunto con Basilio Álvarez e Javier Vales Faílde. Eles tres dirixiron a revista “Galicia” (1914–1915), na época das reivindicacións agraristas coas que estiveron relacionados.

Vidal obtén a cátedra de Literatura española e no curso 1914–1915 xa exercía de profesor nun instituto de ensino medio. Tratou a Emilia Pardo Bazán, mesmo foi capelán no Pazo de Meirás.

Coa República, en 1932 firma un manifesto a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Ademais de colaboracións xornalísticas, Vidal ten unha abundante obra –en galego e castelán– en prosa, teatro e ensaio, igualmente unha enorme produción vinculada á docencia.

Detalles

Data:
3 - Maio