Cargando eventos

« Todos os eventos

Manuel Banet Fontenla

30 - Marzo

30 m (oslibrosdeanxelcasal)O 30 de marzo de 1871 nace na Coruña Manuel Banet Fontenla avogado e escritor. Foi notario en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e A Coruña, e un dos fundadores da Real Academia Galega. Participou na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en 1918 e integrouse nas Irmandades da Fala. Colaborou en diversas publicacións rexionalistas como “Revista Gallega” e “Eco de Galicia”. Entre os seus traballos destacan A prol do estatuto (1933) e o ensaio O bilingüismo.

Detalles

Data:
30 - Marzo