Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Manuel Álvarez Torneiro

7 - Xullo

Manuel Álvarez TorneiroO día 7 de xullo de 1932 nace na Coruña o poeta e xornalista Manuel Álvarez Torneiro. Estudou na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña. Comeza a traballar no xornal La Voz de Galicia, onde permanece vinte e cinco anos, realizando entre outras funcións un importante labor como crítico literario. Nos anos 50 na Coruña foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer. Colaborou con diversos colectivos e revistas Dorna, Clave Orión, A xanela. Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2011. Situado pola crítica na chamada Xeración das Festas Minervais, foi o primeiro poeta en galego en recibir o Premio Nacional de Poesía, en 2013. Álvarez Torneiro falece na Coruña en 2019. 

Detalles

Data:
7 - Xullo