Cargando eventos

« Todos os eventos

Manifesto ¡Mais alá!

28 - Xuño

O 28 de xuño de 1922 sae do prelo da editorial Nós o único manifesto da literatura galega, o  manifesto ¡Mais alá!, asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. É, como o resto dos manifestos da vangarda europea, un manifesto de ton agresivo, rebelde, provocador e polémico. Diverxe deles na non pretesión de formar  grupo nin crear escola, no seu compromiso político e nunha intransixente defensa da lingua. Estamos diante dun manifesto profundamente influenciado polo nacionalismo do poeta.

Detalles

Data:
28 - Xuño