Majina ou a filla espúrea
28 - Xullo
O 28 de xullo de 1880 comeza a publicarse por entregas Majina ou a filla espúrea de Marcial Valladares. Está escrita ao xeito folletinesco da novela por entregas, xénero que se desenvolveu en Europa na segunda metade do XIX, e foi publicada en once fragmentos consecutivos noutros tantos números de La Ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía, no literarío, Manuel Murguía. Majina ou a filla espúarea é sen dúbida a peza fundamental, canto a extensión e orixinalidade, da prosa do Rexurdimento, ademais da primeira obra que podemos catalogar como novela na historia da nosa literatura contemporánea.