Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Luz Pozo

21 - Xullo

Luz PozoO día 21 de xullo de 1922 nace en Ribadeo a escritora, crítica literaria e profesora Luz Pozo Garza. Pertencente á chamada Promoción de Enlace, é unha das poetas máis destacadas da segunda metade do século XX. O seu poemario Códice Calixtino (1986) é unha das súas obras máis recoñecidas. Tras estudar literatura na Universidade de Oviedo na que foi alumna de Emilio Alarcos Lorach e Carmen Bobes tivo unha longa vida docente como profesora de literatura española. Igualmente intensa foi a súa actividade como creadora e ensaísta. Tras O paxaro na boca (1952), Luz desenvolveu unha obra renovadora tanto na temática como na forma. Membro da Real Academia Galega e proposta para o Nobel de literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, recibiu numerosos premios. Os seus poemas foron traducidos a numerosos idiomas. Luz Pozo falecía na Coruña en 2020. 

Details

Date:
21 - Xullo