Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Luísa Cuesta Gutiérrez

18 - Outubro

18oO 18 de outubro de 1924 é proposta como membro do Seminario de Estudos Galegos Luísa Cuesta Gutiérrez, organismo en que será admitida o 25 dese mesmo mes. Luísa Cuesta foi docente, investigadora e, sobre todo, bibliotecaria. En 1921 accede, por oposición, ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, tendo como primeiro destino a Biblioteca Universitaria da USC onde exercerá até 1930. Durante o tempo que pasou en Galiza, ademais de impartir docencia na Facultade de Filosofía e Letras e de manter relacións co Seminario de Estudos Galegos, realiza traballos de catalogación e publica diversos estudos. Manifestou un especial interese polos temas americanistas, sobre todo os relacionados coa colonización e emigración. En Madrid será a última directora republicana da Biblioteca Nacional. Logo da vitoria fascista sufriu un proceso de persecución e purga. Luísa Cuesta foi a única muller galardoada en dúas ocasións co Premio Bibliográfico Nacional do Ministerio de Educación.

Detalles

Data:
18 - Outubro