Loading Events

« All Events

Luís Soto Fernández

7 - Decembro

7dO 7 de decembro de 1902 nace na Bola (Ourense) o mestre, xornalista e activista Luís Soto Fernández. De ideoloxía comunista e nacionalista foi unha das grandes figuras nos eidos pedagóxicos e políticos. Tras estudar o Bacharelato en Celanova emigra a Arxentina e inicia a súa actividade xornalística cando, contando tan só dezasete anos, funda El Eco. Ao seu regreso faise mestre e dirixe El Soviet, colabora en Escuela del Trabajo, La República e Ateo. A sublevación militar do ano 1936 obrígao a abandonar Mondariz, onde exercía de mestre. Exiliarase en Cuba e logo en USA, instalándose definitivamente en México, onde funda a Alianza Nazonal Galega, conseguindo agrupar a todas as forzas antifascistas galegas. Colabora con todas as cabeceiras galegas que aparecen en México, España Popular, Nuestra Bandera, Loita, Boletín Galego de Información e Saudade. Funda e dirixe a revista Vieiros con Carlos Velo, Arturo Souto e Florencio Delgado Gurriarán e impulsa o Padroado da Cultura Galega de México do que será nomeado secretario. Súa foi a idea de crear a Unión do Povo Galego, a UPG.

Details

Date:
7 - Decembro