Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Luís Seoane

1 - Xuño

1xO 1 de xuño de 1910 nace Luís Seoane, editor, escritor, xornalista, gravador e pintor. Do 1931 ao 1936 exerce de avogado laboralista na Coruña e milita no galeguismo. Con Arturo Cuadrado funda Resol e participa na campaña a prol do Estatuto de Autonomía. Tras a sublevación do 36 puido exiliarse en Bos Aires onde pronto se converte nunha peza clave do movemento cultural galego. Crea con Núñez Búa o semanario Galicia Libre, leva adiante a revista Galicia, funda varias coleccións, promove editoriais e dirixe a revista Galicia Emigrante. Chégalle o éxito internacional coa súa obra pictórica, que vai desde gravuras, litografía e deseños até óleos, murais e cerámicas. En 1952 publica o seu primeiro poemario Fardel de eisilado. En 1963 Seoane retorna a Galiza onde segue o seu activismo e participa no nacemento do Laboratorio de Formas de Galicia xunto con Isaac Díaz Pardo. Morre na Coruña en 1979.

Detalles

Data:
1 - Xuño