Luís Manteiga
29 - Maio
O 29 de maio de 1949 morre Luís Manteiga, narrador e dramaturgo. Home dunha ampla cultura e formación literaria adquirida de xeito autodidacta foi amigo de Luís Seoane, que o pintou en 1931. Varios dos seus artigos e relatos encóntranse en Nós, en Yunque e no suplemento do sábado de La Noche. Foi director de Claridad.