Cargando eventos

« Todos os eventos

Luís Iglesias Iglesias

29 - Decembro

29d29 de decembro de 1977 morre Luís Iglesias Iglesias. Nado en Vigo, o 2 de xullo de 1895 e finado en Compostela, foi un científico galego, decano da Facultade de Ciencias, presidente do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte desde 1926, e reitor da Universidade de Santiago. Foi o primeiro presidente do Padroado Rosalía de Castro e autor do artigo “Xeografía fito-zoolóxica” da Historia de Galiza (Editorial Nós, Bos Aires, 1962) dirixida por Otero Pedrayo. A obra investigadora de Luís Iglesias centrouse, sobre todo, na Entomoloxía.

Detalles

Data:
29 - Decembro