Cargando eventos

« Todos os eventos

Luís Costa García

12 - Decembro

12dO 12 de decembro de 1986 morre o bibliotecario, historiador e militante anarquista Luís Costa García. Costa García será coñecido na clandestinidade como Xoán García Durán, nome que logo utilizará sempre como seudónimo nos seus libros, e como O Fugas polas súas continuas fuxidas dos cárceres franquistas. Fillo de carpinteiro instalado en Vilaxoán (Vilagarcía) con 15 anos afíliase CNT. Condenado a morte dúas veces, aínda que conmutadas por anos de cárcere, consegue fuxir definitivamente e exíliase primeiro en Francia e logo en Australia, Estados Unidos e Uruguai. Luís Costa mantería contactos co Partido Galeguista e sempre tivo relación cos galeguistas no exilio. O 20 de novembro de 1975, o mesmo día da morte de Franco, doutórase na Universidade da Sorbona cunha tese sobre as intervencións estranxeiras na guerra civil española pasando a ser un dos grandes especialistas neste conflito. Durante a súa vida colaborou en numerosas publicacións e é autor de varios libros. Un mes antes de morrer, e tendo gañado a lotería, funda o Premio Juan García Durán, destinado a distinguir bianualmente un estudo sobre a Guerra Civil española. Luís Costa García posuía a mellor colección do mundo sobre os carteis da guerra civil española.

Detalles

Data:
12 - Decembro