Cargando eventos

« Todos os eventos

Luís Amado Carballo

3 - Setembro

3 sO 3 de setembro de 1927 morre en Pontevedra aos 26 anos Luís Amado Carballo, un do principais representantes da renovación poética do primeiro terzo do século XX. Está considerado como o creador da denominada escola Imaxinista ou Hilozoísta. Como xornalista colaborou, entre outros, en Progreso, La Concordia, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, Nós e Vida Gallega.  No ano  1922, con Xoán Vidal Martínez, funda a revista Alborada, revista de curta vida pero que contou coa colaboraron dos máis importantes escritores galegos do momento. A súa obra poética comprende dous poemarios, Proel, o único libro que Amado Carballo viu publicado en vida, e O galo, publicado postumamente por un grupo de amigos na editorial Nós de Ánxel Casal.

Detalles

Data:
3 - Setembro