Cargando eventos

« Todos os eventos

Lorenzo Varela

25 - Novembro

25nO 25 de novembro de 1978 morre o escritor Lorenzo Varela. Militante das Mocidades Galeguistas, cando se traslada a Madrid incorporarase ás Misións Pedagóxicas e ao equipo de redacción de PAN (Poetas, Andantes e Navegantes), revista en que publicaban Rafael Dieste, Antonio Baltar e Otero Espasandín.  No momento do alzamento militar faise miliciano e afíliase ao Partido Comunista. Despois da guerra civil ten que exiliarse primeiro en México e logo en Bos Aires, onde contactaría coas intelectualidade galega entre a que se encontraban os seus amigos Luís Seoane, Rafael Dieste e Arturo Cuadrado. O xornalismo e a tradución centran a súa actividade en Bos Aires e publica a súa primeira obra en galego Catro poemas para catro grabados, incluída no álbum de litografías de Luís Seoane María Pita e tres retratos medievales. Militante do Partido Comunista arxentino o golpe de Estado do xeneral Videla provoca un novo exilio. O último período da súa vida transcorrerá entre Madrid e Galiza.

Detalles

Data:
25 - Novembro