Loading Events

« All Events

López Pardo

13 - Xullo

O 13 de xullo de 1975 morre Manuel María González López Pardo. Militante do Partido Republicano Radical-Socialista asistiu ao pacto de Lestrobe, reunión á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións dentro do republicanismo, a ORGA, o Partido Radical, o Partido Radical-Socialista, o Partido Republicano Federal, unha representación da sección galega da FUE e algúns republicanos a título persoal, así como varios sindicalistas ex-militantes da CNT. Os asistentes acordaron a creación da Federación Republicana Gallega, na que se integra López Pardo. Foi gobernador civil en varias provincias na época da República. É autor da peza teatral Antón de Freixide, estreada no Teatro Principal de Santiago  en 1915.

Details

Date:
13 - Xullo