Cargando eventos

« Todos os eventos

Liga Gallega da Coruña

31 - Outubro

31oO 31 de outubro de 1897 nace a Liga Gallega. A Cova Céltica, o faladoiro que mantiñan desde 1893 un grupo de intelectuais galegos que se reunían na librería de Uxío Carré Aldao na Coruña, foi xerme de varias iniciativas, entre elas a fundación dunha Academia Galega. Aí vai nacer tamén a idea da formación dunha organización política que representase a ideoloxía rexionalista liberal que profesaban os seus integrantes. Así nace en 1897 a Liga Gallega. Lugrís Freire foi un dos membros da comisión directiva deste grupo presidido por Murguía e exerceu funcións de Secretario. Foi tamén redactor, xunto con Salvador Golpe e Carré Aldao, do Regramento da Sociedade Liga Gallega na Cruña, un texto que no seu Artículo 1º di: O ouxeto da Liga Gallega na Cruña, é a defensa dos intereses moraes, materiaes, políticos, económicos e sociaes de Galicia. Pola iniciativa da Liga Gallega da Coruña érguese o actual monumento aos Mártires de Carral.

Detalles

Data:
31 - Outubro