Levantamento do desterro a Castelao
6 - Setembro
O 6 de setembro de 1935 púxose fin ao desterro de Castelao en Badaxoz. Por decisión política, camuflada baixo un traslado administrativo forzoso, Castelao estivo desterrado en Badaxoz desde fins de 1934. O 25 de outubro de 1934 comunicábaselle o seu traslado do que da noticia El progreso: Castelao, trasladado: El dibujante y destacado galleguista don Alfonso Rodríguez Castelao, ex diputado a Cortes de las Constituyentes, como funcionario de la Jefatura de Estadística de esta capital, ha sido trasladado a Badajoz. Nos últimos meses do desterro publicará catorce artigos no xornal A Nosa Terra con reflexións políticas, os serán os primeiros capítulos do Sempre en Galiza cando o publique no exilio en Bos Aires en 1944.