Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Levanta áncora o bou Eva

23 - Abril

O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller que levaban meses agochados para fuxir da represión fascista dispoñíanse a escapar, por mar, do terror franquista para Francia dende o porto de Vigo no bou Eva. Eran os galeguistas José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (curmáns de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), os socialistas Manuel Martínez Moroño, José Rodríguez Lorenzo e Fernando Rodríguez Lorenzo, e os comunistas Luís Álvarez González, Camilo Campos Méndez e o matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira. Tras seren delatados, os falanxistas asaltaron o barco e asolagaron a bodega do bou mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense aos falanxistas.

Details

Date:
23 - Abril