Letra do Himno
22 - Maio
O 22 de maio de 1890 publícase o texto definitivo d´Os Pinos, texto do Himno. O músico Pascual Veiga solicitara a Pondal unha letra, sobre a que o propio Veiga compoñería a melodía, dunha marcha ou himno galego. O motivo da petición foi a celebración dun Certame Musical que tería lugar na Coruña o 31 de agosto de 1890 convocado polo Orfeón nº 4 da Coruña que dirixía Pascual Veiga. O texto de Pondal aparece no prospecto da convocatoria do certame con data do 22 de maio de 1890. Aínda que foi ensaiada, a composición de Pascual Veiga e Pondal non sería interpretada ao final do certame, tendo que agardar ao 20 de decembro de 1907, data en que se estreou no Gran Teatro da Habana.